Rocco Fermo continúa o seu periplo extremeño..

..e como bo lucano que é vai facendo sorrir aos bos compañeiros e compañeiras que atopa no camiño.. iso si, con boa conversa, con pan e con viño.

Rocco Fermo, de Festa en Festa!!

O viaxeiro festeiro, Rocco Fermo, continúa sen descanso a súa andaina a través das máis afamadas celebracións estivais de Extremadura. Coa simpatía natural que o caracteriza, sempre vencellada as dotes innatas de aventureiro incesante, converte cada lance deste programa de TV nun documento histórico cheo de momentos máxicos. Velaí tendes a ligazón:

http://tv.canalextremadura.es/programas/de-fiesta-en-fiesta

Esta noite comeza a viaxe festeira de Rocco e Ari, as 22:25 en CANAL EXTREMADURA


Esta noite as 22:25 en Canal Extremadura, DE FIESTA EN FIESTA con Rocco Fermo e Ari Godall. Os nosos intrépidos viaxeiros percorrerán a comunidade extremeña para vivir de seu as máis curiosas e aloucadas festividades estivais. Moita sorte! De momento, xa se poden ver máis avances na súa web:

http://tv.canalextremadura.es/

Nota:
Non vos perdades o excelente gusto nas camisolas do peregrino e bohemio italiano,
o queridísimo Rocco Fermo. Como a el lle gusta dicir: Paz e amor, compañeiro!!

De Fiesta en Fiesta, en Canal Extremadura

O vindeiro martes 30 de xuño comeza a andaina de Rocco e Ari, dous "guiris" polas festas de Extremadura. Unha aventura sen precedentes da man de dous viaxeiros moi peculiares emitida polo canal de televisión extremeño e que non vós debedes perder, velaí vai a ligazón:

http://tv.canalextremadura.es/

http://tv.canalextremadura.es/programas/de-fiesta-en-fiesta

Agardamos que algún verán percorran as festas galegas, ou que polo menos o intenten!!

FESTIGAL 2008 . 24 e 25 Xullo

Santiago.Campus Universitario SulMúsicas, cultura, tendencias e diversidade.
Dous días de actividades.
Máis de 30 carpas para todos os públicos.
Programación continua dende o día 24 ás 12:00h. Entrada de balde.
Zona de Acampada/ Postos para xantar e cear os dous días con oferta gastronómica variada. Café Concerto / debates / libros e editoriais / audiovisual / xogos e animación / exposicións / software libre/ tendas e artesanía / cultura tradicional / radio en directo / feira de asociacións /...

Xúlio Abonjo lucindo na tele a camisola birolla Fogar de Breogán




Aconteceu o 3 de Abril no programa de Cuatro "El Hormiguero".
Nós, por suposto, xa éramos siareiros da serie televisiva "Cuestión de sexo" e non só porque os seus protagonistas beban decote "Estrella Galicia", senón porque son realmente moi bos e xa tiñamos ganas de que voltasen. Unha aperta enorme a todos eles e moitísimas grazas a Xúlio por contar connosco.